Wednesday 15 de May de 2024

Charla para a prevención de atropelos en Mera mañá


Mañá mércores, día 30 de novembro, ás 16:30 horas no Local Social da Lagoa, en Mera, terá lugar unha charla sobre a prevención de atropelos impartido polo coordinador provincial de Educación Viaria da Dirección Xeral de Tráfico. Todas as persoas asistentes recibirán como agasallo un práctico chaleco reflectante.

A actividade encádrase no programa dedicado a persoas de máis de 60 anos, promovida pola concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Oleiros. Previr a seguridade viaria entre os usuarios e usuarias máis vulnerables é unha das liñas prioritarias da DGT para tratar de reducir os índices de sinistralidade de estradas, travesías e ámbitos urbanos.